martes, 28 de septiembre de 2010

COMEZAMOS O DÍA

Aquí vos deixo as rutinas das que vos falei onte; polo de agora levamos xa doús encargados/as pero iremos pasando todos e todas, e aínda que xa o sabemos miramos e miramos cando nos toca, ademais de xa anticipar quén será o próximo, vamos que mañá ao entrar pola porta case case podemos coroar o encargado.
Hoxe comezamos a facer o libro das cores e a nosa primeira páxina é dun plátano moi simpático (Aproveitando que hoxe de merenda tocaba froita).
Os que van a relixión quedaron un poquiño con Conchi que xa viñera pola clase coñecernos; ao principio un pouco extrañados, pero despois xa estivemos moi ben e ensinounos un peluche moi simpático que ten que vai contando aventuriñas. Os de atención educativa fomos a unha aula nova, daquela comezamos a explorar o que había por alí, para logo facer uns xogos en grupo.

2 comentarios:

  1. magnífica labor a que fas manténdonos ós pais informados do que acontece na aula. Non sei se os demais mestres teñen un blog parecido, pero se non è asi, deberan tomar exemplo.
    Gracias polo teu tempo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Marcos!Non dubides en deixar a túa opinión e gracias por seguirnos.

    ResponderEliminar