lunes, 27 de septiembre de 2010

COMEZAMOS O TRABALLO

Hoxe xa estivemos todos xuntos as 5 horiñas, estivemos un pouco cansos pero co tempo irémonos acostumando.
A partir de agora xa temos un encargado ou encargada por día, que é o que ten que marcar a data, mirar que pingüinos están hoxe no cole e quenes non están, xirar a ruleta do tempo, repartir os materiais e por suposto será quen conduza o tren deste día; todos queremos ser encargados pero xa temos unha lista preparada para que cada día sexa un diferente. Mañá a reportaxe ao completo.
Xa estivemos traballando un pouquiño tamén para ir collendo hábito e fixemos comidas e instrumentos variados coa plastilina amarela.
Lembrade traer toda a roupa marcada con nome e os carnes escolares na chaqueta ou colgados, non no mandilón porque durante a semana queda no cole. Graciñas!
No lateral esquerdo do blogue encontraredes enlaces de páxinas para colorear e de xogos, por se queredes practicar cos peques.

No hay comentarios:

Publicar un comentario