jueves, 7 de octubre de 2010

COMO MEDRAMOS!!!!

Xa estamos case a piques de rematar a semana e despois de case un mes de traballo, xa vemos como os pingüiniños van medrando e facéndose máis autónomos!!
Na asemblea, despois de contar as nosas noticias, escoller o encargado, contar o conto "Paco Trolas", que nos fixo ver que non estaba ben mentir, aínda que ese rato tivo sorte e salvouse do gato, xogamos ao mémori; un mémori que tiña elementos que temos na escola, empezamos por facer dúas parellas, pero cada vez fomos avanzando máis e para ser o primiero día estivo moi moi ben!Tamén hai que dicir que despois atoparon un truco que lles axudaba a resolver este mémori, pero sábían onde quedaran ubicadas.
Deixovos as fotos desta aventura do mémori, de como merendamos cos nosos super manteis, como nos quitamos o mandilón e como o imos colgando, ademais da nosa composición caracoliana no recuncho dos artistas. Son de toda a semana polo que hai nenos e nenas que pode ser que se vexa o seu oco libre na mesa.
Como imos medrando os peque e nos en seguidores!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario