martes, 5 de octubre de 2010

DÍA COMPLICADO

Ola a tod@s!! Hoxe case non temos novas, porque como pon o título foi un día un poquiño complicado, non sabemos moi ben o que nos pasaba...pero seguro que mañá será mellor, ademais así o falamos na asamblea de saída antes de marchar para a casa.
Seguimos traballando co libro das cores e tamén estamos a traballar sobre a escola, o que temos nela, o que facemos. Iso si cada vez xa nos imos animando a contar máis cousiñas na asamblea, porque despois de facer todas as rutinas (mirar o calendario, pasar lista, o tempo) temos un cachiño adicado a que cada un/unha nos conte o que queira, o que xa sabemos é que non podemos falar tódos á vez.
Quero darlle as gracias ao noso primeiro seguidor por ser o que inaugurador da sección e tamén ao primiero comentarista.
Ata mañá!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario