sábado, 2 de octubre de 2010

DÍA DA NON VIOLENCIA

Hoxe foi o día da non violencia e nós unímonos á causa: comezamos o día contando un conto de Kalandraca "Unha manchea de bicos"; había bicos de moitos sabores e todos todos eles servían para poñer ledos ós amigos, daquela probamos a darlle un bico a un amigo/a , aínda que non todos/as se animaron. Aproveitando a ocasión e xa que nolo propuxeron aprendemos unha nova canción "Cantarela dos nenos", con ela imos pouquiño a pouquiño.
Estivemos coa profe Inés que nos ensinou un libro xigante e cheo de maxia, cal será a próxima sorpresa??
Vémonos o lúns, aproveitada a fin de semana para descansar!



No hay comentarios:

Publicar un comentario