miércoles, 6 de octubre de 2010

IMOS MELLORANDO

Onte debeu ser o día coma o tempo, pero hoxe moito mellor, só nos desconcertamos un pouco á hora de merenda!!
Tocábamos psicomotricidade pero non poido vir a profe, daquela fomos tod@s á aula de psicomotricidade e fixémola igual, a pena.... q co ben que o estábamos pasando deixamos a cámara na clase e non podedes ver as peripecias e volteretas que demos, ademais de facer un circuito meténdonos polas "cuevas máxicas" (chámolle así para que lles guste máis e así poidamos crear unha historia todos xuntos; son os tubos de psicomotricidade que se estiran, como os dos circos que van saíndo por ahí), tamen puxemos música e poidémonos ver no gran espello que temos alí, xogamos cos aros..., vamos que nos faltaban máis minutos para poder estar alí. O vindeiro día de psicomotricidade colgarei fotos.
Ata mañá, que en Arteixo non é festivo!!(-_-)
Por certo, seguimos medrando, gracias!

No hay comentarios:

Publicar un comentario