lunes, 25 de octubre de 2010

LÚNS 25 OUTUBRO

Ola de novo!Dado que levo dúas horas intentando subir un video de fotos e agora que xa ía cambiar de método por fin subiu!!!!!!!!!
Hoxe foi un día cargado de traballo, comezamos a mañá cunha super asemblea na que os amiguiños e amiguiñas que fixeron a súa manualidade nola presentaron. Logo apareceu a caixa que a ra nos deixou, a da estimulación da linguaxe e foi saindo pouco a pouco bob esponja con diferentes caras e nos a imitalas!!!
Logo estivemos traballando un pouquiño e tamén colgamos os nosos murais do corpo no pasillo, pero un rompeu... porque tiña demasiada pintura; pasámolo bomba facendo postura do corpo xa nos daba para facer uns dez murais máis!
Por certo xa temos foto casi oficial da clase, porque foi o primeiro día que estivemos todos xuntos!!!! Pero claro para collernos a todos mirando para a cámara un pouco difícil, intentarémolo en próximas edicións!
                                               



2 comentarios:

  1. PASAMOLO DE MARABILLA FACENDO XUNATAS AS MANUALIDADES.GRACIAS POLA TUA DEDICACION E POR FACERNOS PARTICIPES DE TODO O QUE ACONTECE NA AULA.

    ResponderEliminar
  2. Alégrome de que o pasásedes ben!! Iso é o mellor!
    graciñas!!

    ResponderEliminar