jueves, 14 de octubre de 2010

NO COLE TODO É MÁXICO


Hoxe foi un día cheo de maxia: chegou unha nova pizarra na que podemos pintar e logo se borra, polo outro lado é encerado e ademais ten para poñer papel para ser uns verdadeiros Picassos!! Tamén temos no noso recuncho de artística uns debuxos que completamos con rotus veleda e logo tamén se borran. Ademais veu á nosa clase o profe José Carlos e quedamos abraiados cos xogos do ordenador que nos trouxo.
Por se fora pouco no noso libro das cores había unha rá, de que cor...? verde pero había q probar se era como a dos contos, daquela botamos uns polviños máxicos (purpurina) e deixámola alí a ver se núns días nos trae algo ou se converte noutra cousa... papis e mamis a votar a imaxinación a voar!!
Deixovos un video no que vedes como nos saudamos todas as mañás ao chegar para comezar a asemblea. Unha cousiña máis, estos días hai pingüinos que están entrando chorando, pero non vos preocupedes en canto entran á clase e botan como máximo dous minutos están ben!!

video

No hay comentarios:

Publicar un comentario