lunes, 4 de octubre de 2010

SOMOS ARTISTAS E INFORMÁTIC@S

Comezamos a semana con forza e xa fixemos os nosos primeiros prinitos informáticos, co programa TUX Paint, que se queredes podedes descargar desde o enlace que pon "Debuxo libre- descargar" e como só temos dous ordenadores, estivémonos turnando aínda que non nos deu tempo a ir a todos, daquela outros fixemos de artistas simulando facer mosaicos dun cararol, outros fixemos composicións cunhas pezas. Non nos deu tempo a parar!
Estivemos facendo un tren de figuras xeométricas con dúas cores, moito nos gustan os xogos matemáticos.
E por sorte poidemos sair ao patio, que con esta chuvia xa pensamos que íamos ter que cambiar de ubicación, debeu ser pola canción que lle cantamos ao sol.
Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario