martes, 19 de octubre de 2010

TEMOS UN PINGÜINO MÁIS

Dende hoxe contamos cun novo pingüino: Sami, que se está adaptando a nós.
Estamos traballando o corpo e xa nos sinalamos quen era máis alto e máis baixo, só nos falta tomar as medidas!!(-_-) Ademais que mellor maneira de coñecer o noso corpo que traballar con el, daquela fixemos varios debuxos de nós en grande e fomos engadindo as diferentes partes que nos faltaba; ate o fixemos saltando.
Como imos medrando xa temos un sitiño nas nosas produccións para poñer o noso nome.
Onte unha profe trouxonos unha caixiña a ensinar.... que sería? cogomelos! daquela investigamos en internet que máis tipos de cogomelos había.
e a maxica da ra que pintamos trouxo sorpresa, xa me diredes se algún ou algunha de vós acertou, que non vin ningún comentario por aquí, jeje. Trouxo unha caixa de moitas cores que dentro traía moitas cousas que imos ensinando pouco a pouco; é a caixa de estimulación da linguaxe, xa que as ras cantan tan ben os pingüinos vamos facer exercicios para mellorar a nosa linguaxe; como xa vos comentei na reunión de incio de curso. O primeiro día de estimulación da linguaxe comezou con xogos de soplo, a vindeira semana aparecerá un personaxe moi coñecido por nós.
Vindeiras informacións no bloque.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario