jueves, 21 de octubre de 2010

TRABALLANDO O CORPO

Esta semana os pingüinos estivemos moi atarefados con moitas cousas como xa vos fun comentando na entrada anterior; ademais a chegada dun novo amigo sempre é novidade e temos que facernos compis.
Hoxe estivemos lendo un conto que falaba dun neno que era moi alto moi alto, pero.... unha vez que vimos que non se podía chegar a ser tan alto soubemos que o conto metía un pouco. Aproveitamos estos días para traballar con sentidos; hoxe tocounos o tacto e tocamos diferentes texturas, iso si a que máis nos gustou foi a máis suave, as demais rascaban un pouco.
Posto que traballamos o corpo que mellor maneira que debuxalo, daquela mirada ao espello e debuxo, de verdade que son curiosos de ver os debuxos que fan con tres aniños e o mellor escoitar a súa interpretación. Tamén fixemos uns en grande poñendo nenos como modelo, un coas pernas abertas, outro de costas e outro correndo, proximamente faremos máis. E como non hoxe a darlle co pincel como verdadeiros artisas.
Deixo unhas poquiñas fotos dos nosos monicreques e dun momento de lectura de mesa que tivemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario