miércoles, 13 de octubre de 2010

VOLTA AO COLE DESPOIS DA PONTE

Ola de novos!Despois dúns días na casiña; a verdade e que estivemos moi ben e moi participativos e colaborativos, a ver se nos vai vir ben isto de estar uns días de minis vacas!!
Ademais chegamos ao cole e había sorpresas, xa temos o noso super ao completo, podemos vender e mercar de todo; temos unha cariña triste e unha feliz que sempre queren que todos os pingüinos estén coa feliz, porque os que están ca triste é que non están tendo un bo día e a feliz chámaos para que vaian xogar con el; ao longo da semana iremos introducindo máis novidades (xa vedes as pontes das para moito e mesmo para ir a ikea mercar cousiñas para o cole).
Tivemos a primeira clase de psicomotricidade con Marifé, que ven o pasamos!!!! Xa vosestarán cantando a canción das partes do corpo... como non a ocasión merece unhas fotiños. O video para outras edicións, esperando a que quede ben na páxina!
Vémonos mañá!


No hay comentarios:

Publicar un comentario