martes, 9 de noviembre de 2010

AS MELLORES APRENDIZAXES: AS ESPONTÁNEAS

Hoxe tivemos unha longa asemblea, posto que aínda que éramos pouquiños (e xa aproveito para mandarlle saúdos a todos os que non viñeron estes días e que se melloren os que están maliños) tíñamos moitas ganas de falar e contar cousas; despois de ver un libro e lelo, na última páxina aparecía unha abella e a todos lles chamou tanto a atención que imos investigar sobre elas: O proxecto das abellas; agora a profe vai organizalo para poñelo en marcha!Xa vos irei contando...

Polo demais estamos traballando o outono, o magosto e iniciándonos en novas andanzas!! Xa pouco a pouco imos coñecendo o que acontece nesta época do ano
Mañá máis,,,,,

No hay comentarios:

Publicar un comentario