miércoles, 10 de noviembre de 2010

A CASTAÑA QUE ESTOUPOU DE RISA

Qué lle aconteceu a esta castaña? pois que quería curzar o río, pero primeiro decidiu esperar e que pasase a carbón co que se ía asar, claro iría axudado por unha folliña que o cruzou; pero o carbón estaba tan quente que danou a folliña e caeu ao río, daquela a castaña comezou a rir e a rir e estoupou!!!!
Agora na clase xa temos moitas castañas, tanto verdadeiras como en papel entre elas as que me pasou Bea, profe do cole de Ortigueira, graciñas! Mirade que chulas nos quedaron.

Ao ver tantas castañas con diferentes caras, algúns foron contandonos porque se enfadan, porque se poñen contendos, cando se rín...
Estamos preparándonos para a festa do Magosto, que finalmente será o venres!
Hoxe saímos moi contentos da clase de psicomotricidade, porque a profe Marifé ensinounos unha canción dos coches de choque!! O único que faltou para que a profe Silvia poidese escoitala ao completo na clase, foi o que o afán que tiñan por cantarma fixese que non se adiantasen e foron cantándoa cada un ao seu ritmo... iso si o argumento quedou claro!!!
Cada vez gústanos máis o mundo das letras e as súas curviñas, asi que xa lle botamos un ollo ás que ten o compi do lado.

2 comentarios: