jueves, 4 de noviembre de 2010

COMO NO CINE

So faltaban unhas palomitas para acompañar...Hoxe por primeira vez, fomos xunto a clase dos cangrexos ao aula de video e vimos alí unha peli nunha super pantalla. A partir de agora faremos algunhas sesións de "cine" con pelis e materiais educativos que temos para traballar algúns conceptos a través do visionado de videos.
Mirade a nosa pantalla xigante:
Xa estamos comezando a poñer na clase a exposición do outono, da cal xa vos iremos poñendo fotos e así de paso investigamos sobre as diferentes follas de árbores que hai, porque se caen, cales son os froitos do outono.
Seguro que xa vos foron contando que sairon a pintar ao pasillo, non? Pois as clases do noso pasillo: xoaniñas, cangrexos e pingüinos estamos facendo un mural do outono colectivo, na que aínda que é sorpresa imos aditantar un pouco, imos estar nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario