viernes, 12 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Hoxe festexamos esta festa tan tradicional en Galicia: O magosto; para iso comezamos o día co conto no que Os bolechas nos contan como fan o magosto, como apañan as castañas e como teñen moito coidado ao asalas, por se estoupan.
Despois da merenda alí fomos aínda que algún pensaba que porque íamos ao magosto tamén viña Papa Noel... a saber o que lles maquinaba a cabeza.
Primeiro fomos mirar como se asaban e alí estaba José Carlos e Inés para ensinárnolo, logo armados coa nosa castaña castañeira fomos ao patio comer ó que nos marca a tradición nesta festa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario