martes, 16 de noviembre de 2010

PINGÜINOS INVESTIGADORES

Temos unha semana diferente, na que nos iniciamos no noso proxecto das abellas, xogamos coas nosas expresións e tamén co corpo, que vos parece este triángulo humano?

Seguimos co outono e coas súas cores, encantoulles xogar con elas e sobre todo pintar  e ver o que podían facer con elas.
Polo que vemos temos uns pingüinos moi investigadores e reflexivos, so hai que escoitar as reflexións que se fan mútuamente na asemblea, ademais de axudarse uns aos outros. Unha das conclusións ás que chegamos é que os nenos e as nenas de Arteixo non poden comer espagueti e macarróns todos os días; iso é porque era o tema de conversa todos os días na asemblea, pero claro a estar alturas xa nos demos conta de que non tíñamos unha dieta moi variada, e que estas noticias non eran de todo certas, jeje

2 comentarios:

  1. Que ben o pasan!! desfrutar aprendendo... que sorte teñen estes rapaces!

    ResponderEliminar
  2. jejeje, graciñas!!! A ver se algún deles me escribe por aquí e opina o mesmo!!

    ResponderEliminar