viernes, 26 de noviembre de 2010

REMIX DE SEMANA

Rematou a semana e con ela, xa que foi semana de poucas fotos, toca xuntalas; aí van das nosas postaliñas (xa acabadas todas, aínda que non se vexan), da clase de psicomotricidade e de como pintamos con globos. Como veredes as postais están feitas por nós, ao estilo infantil e cada unha co estilo propio.
Hoxe coñecemos un novo profe: Iván; como Inés está maliña (que dende aquí mandámoslle saúdos) veu el e estivo con nós, áínda que estivemos un pouco tímidos, non éramos os pingüinos de sempre, a novidade camboiunos....
Desfrutade da fin de semana tan fría que nos espera!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario