miércoles, 17 de noviembre de 2010

UN TRABALLO CON GRAN AXILIDADE

Andamos experimentando coas que non poden facer dano, xa sabemos que os coitelos son perigosos pero... que pasa coas tesoiras??? Si son perigosas pero hai que usalas con coidado. Aproveitamos que era un día de choiva para forrar as nosas botas con papel charol (que resbala a auga, jeje) e para colocalo antes tivemos que cortalo, claro tamén houbo por aí un par de picadiñas nun dedo.. cousas do oficio.
Tivemos psicomotricidade con Marifé e estamos como tolos coa canción dos coches e de Juan pequeno. A ver se a damos grabado e vos subimos a estes tenores e sopranos en acción!
Hoxe visitounos A Abella de peluche que presidirá o noso proxecto e foron saíndo máis cousiñas das abellas, o que nos quedou moi clariño é que son moi comedoras, según eles comen dende macarróns, sopa, peixe, patacas.... Agora empezamos a investigar!!

2 comentarios:

  1. Canto aprendemos con estes nenos/as pois eu nunca pensaría cuns bichiños tan pequenos comeran tanto. Comendo tanto e tan variado, éxplicome o traballadoras que son as abellas .
    Aproveito para darlle a noraboa a Silvia por este fermoso e currado blog e a todos/as os pingüinos polas moitas cousas que fan

    ResponderEliminar
  2. Moi boa comparación e boa reflexión!
    Graciñas por todo e por suposto pásate pola clase cando queiras e participa con nós.

    ResponderEliminar