jueves, 2 de diciembre de 2010

ABELLAS, NADAL, E UN POUCO DE TODO

Como ven di o título esta semana temos un pouco de todo, aínda que non o que todos queremos, que chegue a Arteixo para poder desfrutar un pouquiño dela: a neve!
Onte, como todos os mércores traballamos o proxecto das abellas, vimos os videos que nos enviou Mateo, fedellamos na páxina de Marcelo, e mirade que máis...
Mateo chouxonos una abella de fabricación caseira e aproveitando que Iria nos trouxo cera, polen e mel, fixemos unha recreación, como farán as abellas para fabricar o mel...
Claro, unha vez que había mel ( de Iria e Rodrigo) mollamos galleta e a probar mmm..... para todos os gustos:

 Xa que se achega o Nadal estamos cambiando a decoración outonal pola Navideña, mirade a nosa árbore chea de máns, adicada a Inés que aínda que está enfermiña lémbrase moito de nós e envíanos cousiñas.

3 comentarios:

  1. ohhhhhhhh!!! que bonitoooooooo, me encantaaaaaa

    ResponderEliminar
  2. Estes rapaces son uns artistas! así da gusto pasar por aquí de vez en cando! pasade boa ponte!!

    ResponderEliminar
  3. Que ideas tan boas ten a nosa querida Inés , nótase que que ela tamén nos bota de menos. Unha aperta moi forte para ela e moitos animos para os pingüinos

    ResponderEliminar