martes, 14 de diciembre de 2010

NADAL SEN PARAR

Estamos que non paramos, ademais levamos unha semana que estamos moi pero que moi traballadores!!!!
Seguimos co Nadal e por fin rematamos a nosa árbore de macetas. As fotos que aparecen son de día que comezamos, e fixémolo en días sucesivos xa que ese día éramos pouquiños. Agora que xa as temos listas puxemos esa gran árbore coa clase dos cangrexos, que tamén fixo as macetiñas; ao igual que entre pingüinos e cangrexos estamos decorando parte do pasillo (xa veredes nas fotos que estamos facendo unha parte da decoración algúns, outros mañá)
Tamén levo un tempo pesando en intercambiar correos con rapaces e rapazas doutros coles e imos empezar e facémolo aproveitando o Nadal, estamos preparando unha postal. Xa vimos aos peques na web do seu cole e aos pingüinos ocorreuselles ir de excursión, pero creo que nos vai quedar un pouco lonxe, porque nós ao grande, unha vez que intercambiamos correo imos lonxe. Ao Rosal (Ao Lado da Guarda), aproveitando que é un sito coñecido, xa que foi o meu anterior destino. Daquela postal dirixida á Escola de Tabagón (xa vola enseñaremos cando a rematemos).
Hoxe xa levamos os pingüinos navideños para a casa, espero que chegasen enteiros.
E claro nesta época villancico por aquí, cantiga por alá, pero o cantar non o é todo, polo que estivemos tocando un pouco uns cuantos instrumentos musicais, os favoritos por excelencia: Xilófono e triángulo ( moi extrañados dixeron: non é un triángulo que lles falta unha esquiniña, pero xa probamos como sonaba se a tapamos e casi mellor se volvemos quitar a esquiniña).
E por hoxe nada máis, as fotos, xa irei subindo fotos pouco a pouco porque se satruramos o blog de fotos vai ir moi lento. Ahh! Por certo: Mañá seremos cociñeros de Nadal, a ver que tal nos sae..... E tamén volvemos ás nosas abelliñas
Nadal variado

No hay comentarios:

Publicar un comentario