viernes, 3 de diciembre de 2010

PINGÜINOS OBREIR@S (COMO AS ABELLAS)

Xa aumentou o número de pingüinos en clase, aínda que temos bastantes no iglú (alí poñemos os que están na casa), a ver se na ponte collen forzas de volven xa o xoves.
Estivemos xogando coas letras sobre todo coas letras da palabra "Navidad" e colocámolas todas, aínda que hai algunha que anda un pouco mareada que quedou do revés, una faceta máis do oficio....
Tamén tivemos novas aportacións para as abelliñas, agora coa información que nos trouxp Sergio xa sabemos que as abellas zánganos teñen un ollos moi grandes. E esta que será obreira, zángano ou reina?

Antía Vilariño trouxonos unha colmena que fixo cos seus pais e o primeiro que dixeron os pingüinos foi: aíiii está a abella reina!!
E para o ponte as profes de 3 anos decidimos mandarvos deberes: decorar a árbore de Nadal para facer unha exposición! Gracias por colaborar!
Boa ponte!! Vémonos o xoves!!

2 comentarios:

  1. Ola,son unha gran fan dos blogs dende que o meu fillo comezou en infantil con José Carlos.
    Agora él está en 2º de primaria pero a min, ainda me gusta ver aos pequerrechos.

    Alégrame moito ver que hai pais colaboradores, pois é a única maneira que temos de agradecer o voso esforzo.

    Quero darlle a noraboa a eses pais e á nena,por esa colmena tan chuli que fixeron. En serio, é chulísima.

    Nada máis, tan só darvos moitos ánimos para seguir facendo este traballo tan bonito.

    Un saudiño.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias por visitarnos e deixar a túa pegada por aquí! Nos deixes de vernos!
    Mañá poñeremos máis cousiñas!

    ResponderEliminar