lunes, 20 de diciembre de 2010

PREPARÁNDONOS PARA VER OS REIS

Última semana antes das vacacións e xa están ansiosos porque cheguen, porque será???
A nosa postal viaxeira xa vai en camiño ao Rosal... a ver se lles gusta!
Hoxe preparamos a carta aos Reis porque mañá vannos vir visitar e estarán con nós un pouquiño a ver se ademais de darlle a carta lle contamos algo, ou lle cantamos!! Cantáronvos a panxoliña que estamos ensaiando??? Aquí vola deixo:

Os regalos a pedir foron variados, moitas bicis, cousiñas de Bob Esponxa, bonecas que teñen botóns de activación, ata unha pala con dous cazos!!
Vimos tamén o libro que nos trouxo Claudia sobre as abellas, e un pouquiño de traballo que nos trouxo Rodrigo ten mel !!Que curioso....!
O mércores teremos a festa de Nadal, que faremos todas as aulas de 3 anos, para iso pedimosvos a vosa colaboración aportando algo de Nadal, cunha cousiña pequena cada familia chéganos, é para compartir. Gracias por anticipado!!
Moitas gracias pola morea de comentarios, e furor causaron as trufas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario