martes, 21 de diciembre de 2010

VISITA DOS MAGOS DE ORIENTE

Chegaron ao noso cole, en camello, porque por se non o sabemos ou non volo contaron, estaban na parte de atrás do cole, comendo herba nunha pradeira. E que os pingüinos botábamos en falta.
Na nosa visita houbo risas, algún choro, desconfianza, algún que non quería marchar e outros que miraban asombrados. Asi que aí van as fotos, non se ve a cara dos peques perfectamente porque é moi difícil collelos un por un entregando a súa carta.
Dende aquí felicitar aos papás de Iria e a Iria tamén, que xa son un máis na familia; benvida Uxia.
Á parte dereita da páxina veredes aos pingüinos navideños.
O enlace para ver estas fotos é o mesmo que para a festa de Nadal, pois xunteinos nun album. Cliqueade para velas.
Reis Magos e festa de nadal

2 comentarios:

  1. UN POUCO ASUSTADOS PERO CHEGARON A CASA MUY EMOCIONADOS MOITAS GRACIAS

    ResponderEliminar
  2. é incrible ver como teñen tanta ilusión e despois danlle como "medo" ver os Reis.... pero xa pronto recuperan a ilusión esperando a que cheguen as noites máxicas.
    bo nadal

    ResponderEliminar