miércoles, 26 de enero de 2011

CASIÑAS

Ola!! De novo os pingüis contamos noticias, desta vez non hai galería fotográfica.
Seguimos coas casiñas a voltas, agora xa vimos outro tipo de casa que xa era algo coñecida para nós: o iglú e sabemos quen vive nel. Buscando buscando por internet atopei os pasos para facer un iglú e cuestión de poñerlle música para darlle un toque e claro tanto xeo xunto algo de pingüinos tiña que haber, despois xa nos gustou saber como se facía un iglú e quen vivía nel. Intentarei subir o video a youtube para que o vexades.
Tamén estamos vendo as partes da casa e xa identificamos rápidamente un garaxe onde se gardan os coches e as bicis... tamén van nel????
Estamos nunha semana pletórica, tedes que ver que ben traballamos, xa estamos feitos uns e unhas maiores!
Hoxe tivemos clase con Mairfé e víñan todos contentos porque están traballando unha nova canción e ademais en roda.
Estivo traballando con nós Inés que nos axudou a facer o libro das formas que hoxe fixemos con palillos e tamén coa nosa pomba da paz.
Seguiremos contando novidades!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario