martes, 18 de enero de 2011

COUSIÑAS VARIAS

Aquí seguimos os pingüinos traballando, investigando e razonando cada vez máis, é incrible escoitar o que pensan estos pequenos de verdade, ata o punto que de comezar unha conversa sobre un pingüino que non fala español e dicir que o que fala é inglés, que é o que falan os bebés porque como non os entendemos, e isto de maneira resumida!! Creo que hai que grabar este tipo de conversas para a posterioridade.
Seguro que moitos xa foron contando o mezcladillo de pingüinos que tivemos hoxe na clase, non? E que hoxe tiraron uns polos outras para tomar o día relax e falar co compañeiro sen parar e cousiñas así, daquela como todo o que se me ía ocorrendo non funcionaba tivémonos que converter en mestura de cores, cambiamonos de sitio e de compañeiros e para volver ao nosos sitio había que volver ser os pingüinos maiores que xa éramos, así é que despois comezamos a funcionar de maneira habitual!
Dende hoxe temos un novo marcador de recunchos, o que tiña anteriormente rompeu, daquela agora temos uns individuais, cada día cando vaiamos a un recuncho debemos pegalo no noso panel, e cando os teñemos todos cubertos volvemos ir ao mesmo recuncho.
Onte tivemos unha pequena sesión de música para traballar o son, o silencio, as posturas e o máis gracioso foi cando a música cambiou e comezou a soar Shakira, claro despois como nas festas: peticións especiais.
Deixovos unhas pouquiñas fotos!
Xaneiro 2011

3 comentarios:

  1. Hai que ver a de recursos que usan estes profes con tal de facer que os cativos se porten ben! E ademais aproveitando para que os nenos aprendan!!!

    Un biquiño!

    ResponderEliminar
  2. SI PERO LARA MAIS QUE UN CASTIGO TOMOUNO COMO UNHA AVENTURA ISO DE CAMBIAR DE MESA.

    ResponderEliminar
  3. Anda mira ti; está ben saber estas cousas, dende logo non deixan de sorprenden: Graciñas!

    ResponderEliminar