viernes, 28 de enero de 2011

ESTREA EN YOUTUBE GRACIAS Á PAZ

Como xa saberedes o vindeiro 30 de Xaneiro, o domingo, é o día da Paz; pero dado que non nos imos ver polo cole festexámolo hoxe todas as aulas de 3 anos xuntas, cun gran corro e unha bonita canción "Cantemos collidos da man", poderedes ver o video dentro de pouco, xa vos deixarei o enlace, na que nos veredes a tod@s cantando e bailando.
Nós polo de agora simbolizamos o que é a paz e xa que non estaban todos os pingüinos no cole, aproveitamos fotos de ocasións anteriores para que poidesen ir saindo nunha ocasión tan especial.
Tamén seguimos coas casas e coas nosas abelliñas que temos un libro que nos deixou o padriño de Icía pendente de analizar.
Un avisiño: os pingüinos vanme dicindo que xa enviastes as fotos algúns de vos pero non me chegaron, por favor se vedes que non me contestei ao mail volvédemo reenviar. As que viñeron ao cole xa as teño listas. Graciñas
Boa fin de semana!!
* Xa podedes ver o novo video, despois da modificación

No hay comentarios:

Publicar un comentario