lunes, 10 de enero de 2011

A MIN OS REIS TROUXÉRONME....

Esa foi a frase estrela de hoxe!!! O home de vermello non tiña tantos fans desta ocasión! E no cole tamén nos deixaron alí uns xogos escondidos que os pingüinos dicían "Los reyes te dejaron un regaloooo" pero non, era para eless!! Alí estaban xogos nos que estaba Dora Exploradora.
Polo que despois destas vacacións temos que volver a coller o ritmo (tanto grandes como peques), pero non dubidamos que en nada xa estaremos máis que listo; proba diso é que hoxe sen máis xa empezamos a traballar, o inverno nesta ocasión, puxemos os novos nomes ás mesas, quitamos as cousas de Nadal da clase e mesmo estamos pensando en ter cada día un encargado de biblioteca, posto que aínda que xa controlamos a orde, non estaría de máis.
Como vedes o blog tarda bastante en cargar, levo uns días intentando solucionalo, así que nuns días non haberá publicacións de fotos, síntoo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario