miércoles, 12 de enero de 2011

MOITAS NOVIDADES

Máis ou menos xa temos o blog listo, agora hai entradas antigas que en lugar de velas como presentación podedes ver as fotos nun enlace de Picassa, e así tampouco nos ocuparán tanto espacio no blog e iranos moito mellor, darlle as gracias a Fernando polos consellos dados.
Agora imos xa co traballo que estamos facendo neste comezo de ano:
Empezou o ano e con el trouxo tamén o inverno, aínda que tuvéramos días peores, por iso nos xa estamos en plena decoración do aula e xa que non neva, facemos nubes con copiños, aproveitando folios de cores.
Xa que o trimestre pasado fixemos o libro das cores, para este temos preparado o "libro das figuras", no cal estamos comezando polas formas xeométricas básicas e buscaremos obxectos de uso cotiá que teñan forma de triángulo, cadrado, círculo...

Estamos repasando cousiñas que estábamos facendo no primeiro trimestre, pero xa se sabe á volta das vacacións hai que refrescar a memoria para que o que traballemos posteriorme parta dunha base sólida. Así é, por exemplo o que facemos cos números. E como non xa temos ganas de facer letriñas e vannos saíndo bastante ben, non hai máis que ver todo o que fixeron hoxe; e seguimos co nome a voltas.
Como vos comentei na entrada anteiror estaba pensando en ter un encargado/a de biblioteca, que "vixie" o bo estado dela, e hoxe empezamos con elo. Cada día será un pingüino seguindo a lista que temos no aula. E aquí tedes quen foi a primeira.


Como non, as nosas abelliñas non podían faltar, asi que recopilación e mirando detidamente o libro que nos fixo Claudia. Tamén temos unha nova abella, aínda non lle puxemos nome, pero ten unha particularidade ten un guante no que metemos os nosos dedos e podemos facer que voe,que ande... Agradecerlle o regalo a un dos nosos seguidores, Eugenio,  que está en pleno seguimento e quixo enviarnos un regaliño.
O que nos queda moi claro é que abella reina "é unha vaga" porque seica "lle manda facer todo ás obreiras", jeje!! E que as obreiras teñén un aguillón que nos pica, asi que mellor non meterse con elas.

2 comentarios:

  1. Non hai que dar as grazas!! seguirei atento a ver que máis cousas aprendemos das abellas con estes pingüinos!
    Un saudo a todos!

    ResponderEliminar
  2. Precioso Silvia. Gran traballo
    Fernando

    ResponderEliminar