viernes, 21 de enero de 2011

RESUMINDO

Rematou a semana, e fixoo do contrario a como comezou, hoxe xa foi un día tranquilo e calmado, ademais os pingüinos hoxe levaron unha alegría ao volver a ver a Marifé polo cole!!
O mércores estivemos vendo un libro moi curioso, no que había imaxes que se convertían noutras, simplemente había que abrir unha ventaniña, deunos moito xogo para traballar habilidades de pensamento e imaxinación, chámase "Oh" (palabra moi expresiva, non).
Seguimos co inverno e hoxe estivemos pintando o mural que imos facer cos cangrexos que é o único que nos falta para dar por rematada a unidade do inverno, na galería xa vedes como vai quedando, agora acabar de pintar e pegar as cousiñas.
Pero.... que pasou cando estábamos pintando?? Escoitamos un ruído no teito do pasillo, claro ao principio non víamos nada e eu díxenlles que debían de andar no tellado amañando algo; pero de repente si apareceu algo "As gaivotas", que susto levaron, como só se lle vían as formas das patas o primeiro foi dicir que eran pingüinos, e o medo era que entraran para dentro.
Deíxovos tamén unhas fotos que hai tempo que non colgaba, porque sempre eran de actividades de interior, e toca ver como xogan no patio.
A próxima semana celebraremos a semana da Paz e tamén empezamos coa casa e xa que claro tanto libro ven e libro ven, agora vainos tocar a nós ir collelos á biblio.
Boa fin de semana.
PD. Cliqueade no album, perdeuse algunha foto por iso non están todos os nenos, non deixa subilas, da error, volverei tentalo.
Semana do 17 de Xaneiro

3 comentarios:

  1. UNHAS FOTOS PRECIOSAS GR5ACIAS POR COMPARTILAS CON NOS

    ResponderEliminar
  2. Por favor... que susto que se llevaron con las gaviotas, verdaderamente la foto imresiona... y vamos que estos niños tienen una imaginación muyyy desarrollada....

    ResponderEliminar
  3. Gracias Jesús!
    A verdade é que si se asustaron, pobres, só querían que non baixaran! Graciñas!

    ResponderEliminar