viernes, 14 de enero de 2011

XA TEMOS UNS AMIGOS POR CARTA

Por fin, despois de todas as voltas que deron as postais de Nadal, as dúas chegaron ao seu destino, a que enviamos e a que nos enviaron; así xa temos oficialmente amiguiños novos, enviáronnos unha carta na que se presentaban e co seu nome. Son os peques de 3, 4 e 5 anos, da escola de Tabagón do CRA María Zambrano e a súa profe María. Dende aquí deixánnos algunhas das múltiples actividades que fan aí: http://centros.edu.xunta.es/cramariazambrano/?q=category/7/22/28
Agora tocános argallar algo para enviarlles. E esta foi a postal. Moitas gracias a todos/as e a María, mandámoslle bicos.
Estes días seguimos co inverno e hoxe seguramente nos mandilóns xa vistes restos de blanco, é o que ten a neve do inverno; cando teñamos todo montado xa volo ensinamos, vale?
Ademais lemos un libro "Porque te quero tanto", que é a historia de dous osos polares, a nai e o fillo, que o osiño lle vai preguntanto porque está todo blanco, porque neva e porque el tamén é blanco, que pasaría se fose verde, azul... e a nai contéstalle a todo explicándolle porque neva!
Onte estivemos traballando a estimulación da linguaxe e esta vez fixémolo con exercicios de soplo con pelotas de pin pon, pero como soplar por soplar non é nada diver, fixemos uns camiños con tiza polos cales tíñamos que levala e se saían para fora a ver como a rescatábamos porque era todo auga... pasárono bomba.
Recadiños: Hoxe na notiña que vos enviei, pedíamos unha caixiña de queixiños ou parecido, imos facer manualidades e tamén unha foto da familia, pode ser por separado e temaño carne, podédesma enviar o meu mail, posto que cando rematemos co inverno imos traballar a casa e familia.
E xa por último...... BOA FIN DE SEMANA!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario