viernes, 4 de febrero de 2011

CANTOS LIBROS!

Vai final de semana, estupendo, portámonos tan ben hoxe (claro que sempre hai algún momento de debilidade)!!!
Xa coñecemos unha nova contrucción: o rañaceos, claro eles din que é coma un edificio, pero temos un super chulo de tres torres no noso casilleiro. Ademais xa sabemos que hai casiñas pequeniñas nas que vive unha familia e tamén hai edificios nos que viven moitas. Así umos aumentando as nosas casiñas.
Temos cousiñas novas pola clase puzzles, xogos de letras.. e unha "liña" nova, e que para estar na asemblea temos no chan unha liña, que antes era de cor branca, pero como se estropeou ahora puxemos unha nova, desta vez azul.
E fumos de "excusión" a un lugar cheo de libros, todo unha experiencia o de subir polas escaleiras do cole. Aproveitamos e trouxemos dous para o aula e como non, non ían esperar a lúns daquela lemolos: "A eiruga larpeira" e "10 patiños", a elección resultou ser boa. Aquí nos vedes curioseando.
Boa fin de semana!

2 comentarios:

  1. Ola, nesta clase non parades de facer cousiñas e aprender!!!

    Encantoume o video da Paz é precioso.Este tipo de cousas son as que deberían aprender todos os días, ainda que só fose 10 minutiños ao día, pois temos moi pouco tempo para expresar os nosos sentimentos e cada vez, agochámolos máis.

    A seguir así e Noraboa polo teu traballo silvia, pois é precioso.

    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Mary, alégrome que haxa xente á que lle gusten estas cousiñas e valoren o traballo; a min encántame todo isto, por iso estou enganchada!!!
    Bicossss

    ResponderEliminar