viernes, 18 de febrero de 2011

LETRIÑAS DE PLASTI

Polo mundo adiante hai moitas letriñas e a nós cada vez gústannos máis e probamos a facelas con plasti.
As casiñas xa rematadas e as familias en proceso, hoxe estivemos buscando pouco a pouco as fotos das nosas familias entre moitas e ver a relación que tíñamos, aínda que os nomes das familias hai algúns universales "Abuelo", "Abuela",  que preguntas de como se chama un ou outro fai esta profe!!!
Xa comezamos a facer algo do disfraz e xa de paso aproveito para dicirvos a algúns (xa que estos días faltan moitos pingüinos aos que desde aquí saudamos e lles desexavos que se poñan ben) e lembarvos aos demais que:
E xa por último enviar un saudiño aos peques de 3 anos B do CEIP José María Lage de Ortigueira que dende esta tarde xa nos coñecemos, aínda que como os pingüinos, tamén hai moitos peques pachuchos; por suposto á súa profe tamén que nos segue (Bea)
Boa fin de semana!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario