lunes, 21 de febrero de 2011

QUE ORGULLO FALAR DAS FAMILIAS

Para comezar as semanas os peques super protagonistas; cada un, un por un con foto ou sen ela sentouse na silla contándolle aos demais pingüinos quen era a súa familia, como se chamaban e o que eles/as consideraban necesario contar, sentíronse moi ben!! Os que non viñeron cando volvan ao cole tamén terán o seu momento.
Xa comezaremos a preparar o entroido e a nosa decoración e a saber de que van os demais nenos e nenas de educación infantil.
Hoxe fixemos unhas carreiras no ximnasio, porque pensamos que que ía chover e pasamos por alí daquela había que aproveitar o espacio tan grande no que estábamos; quedamos cansadísimos!!!!!
E non me digades que os pingüinos non son bos e boas amas de casa que teríades que ver como intentar colgar unha cortina (pola que cotilleaban e así caeu).
Pola noite colgo as fotos de hoxe (que ademais teño que modificar xa que polo de agora non teño dereito de imaxe das familia (-_-).

Entroido 2011
Casa e familia

No hay comentarios:

Publicar un comentario