miércoles, 2 de febrero de 2011

UN RESUMOO

Comezamos co noticiario..
Os pingüinos agora teñen novos sitios onde sentarse, si seguimos sendo pingüinos de colores pero agora as mesas son multicolor. Uns atoparon moi rápido o seu novo sitios, outros sentábanse no que máis lles gustaba, outros cotilleaban onde iban estar sentados os novos amigos e outros axudaban. Esto de chegar o lúns e atopar cambios...
Estivemos xogando a adiviñar sons e a verdade é que os pingüinos teñen moi bo oido. E tamén coas letras, cos sons e coas letras que teñen os nomes dos nosos compis.


Hoxe Lara troxono "La casa del Señor Coc" encantoulles, e así repasamos as partes da casa, hasta puxemos o señor Coc a comer e fixemos a ruta de ir ao cuarto de baño, preparar a cena, sentarse un pouco na sala e finalmente ir durmir á camiña. Úns días antes víramos un libro "la casa del árbol" que como poidemos ver non ten as mesmas partes que a casa de Coc. Agora xa estamos identificando que cousas hai en cada dependencia da casa.

Mércores, toa proxecto. Xa miramos con calma o libro que nos trouxo o padriño de Icía. Identificamos unha abella reina e imos facendo clasificacións conforme teñen os ollos, axudándonos do libro que nos trouxera Claudia.




Psicomotricidade encantamos, como sempre, hoxe especialmente contentos.
Pola noite colgarei o video no que os pingüinos cantan e xesticulan a canción da casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario