lunes, 14 de febrero de 2011

UN TALLER DE CORAZÓNS

Xa todos e todas sabemos porque é coñecido o 14 de febreiro, daquela para os peques que non mocean tanto, aínda que xa empezan.. todo o cariño adicado ás familias. Poño como título "un taller de corazóns" porque ese foi un dos contos que lemos hoxe, que falaba dun rapaz que fabricaba corazóns de moitos materiais e que tamén compartía o del. Asi que nós dende o aula fixemos un debuxo cheo de corazóns, pero neste caso a elaboración foi máis sinxela, lápis,troquelador e pegamento.
Tamén hoxe lemos os libros que trouxeron varios pingüinos e traballamos o libro das figuras que o levamos pausadiñamente.
Aqui vos deixo unha presentacíón:
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario