miércoles, 9 de febrero de 2011

VAI DE CONTOS

Aquí estamos os pingüinos dispostos a contar un montón de cousiñas!!!
Como ven di o título a nosa semana vai de contos. Por unha banda Antía Vilariño trouxonos un conto no que vemos perfectamente unha estupenda casa con escaleiras e ademais decorada porque está ambientado no Nadal. Lara trouxo un de "Bichos" no que vemos os diferentes insectos e como non por aí anda revoloteando a nosa abelliña e con moitos movementos.
Como o outro día fomos buscar libros e nos gustou tanto
o dos patiños esta semana coloreamos os 10 e cada un dunha cor diferente.
E tamén somos autores do nosa primera obra literaria, adiviñade
de que vai... de pingüinos "O pingüino Koki", agora
como somos tan atrevidos ímonos meter coa ilustración e
enviaremos unha copia aos nosos amigos por carta, xunto
con outra sorpresiña máis que polo que sabemos tamén
 andan argallando algo.
Seguimos coa casa, as súas partes e non podía faltar unha obriña de arte, asi que comezamos este traballo por Van Gohg, coa "Habitación de Vicent en Arles", aínda comezamos hoxe e estamos intentanto facer unha exposición a cores para logo xa poñernos a crear, asi que senón lles sona moito é porque estamos en pleno comezo; xa sabedes haberá fotos do proceso. E tan pronto acabemos coa casa xa imos coa familia, lembrade fotiños!!!
Aconteceu algo un pouco extraño ao poñer a data todos os días fáltannos números, polo que como non os damos atopado faremos uns novos.
Tamén tivemos sesión de estimulación da linguaxe e de emocións, na que cada vez facemos xestos máis extraños para expresarnos.
Como todos os mércores, psicomotricidade con Marifé, hoxe temos exclusiva o video dos osiños:
Non vos extrañedes de que non vaiamos todos cos mesmos movementos exactos pois asegúrovos que tras probar a probar ao longo do curso, é ver a cámara e non facelo igual,xa que o fan todos xuntos e todos os movementos. Video vai...

2 comentarios:

  1. que ben o fan pouco a pouco sairalles mellor animo que podedes chicos.

    ResponderEliminar
  2. JAJA, DICEN QUE LA MUSICA AMANSA A LAS FIERAS, MARIFÉ LOS TIENES LOS TIENES EN EL BOTE!!!!

    ResponderEliminar