jueves, 3 de marzo de 2011

PES MULTICOLOR E OS 4 ANIÑOS DE ANTÍA SERRANO

Hoxe temos a unha pingüina de cumple que nos trouxo dous ricos biscoitos dos que non quedou nadiña e chuches, parabéns Antía!
O meco xa está vestido, para el este entroido si que foi acumulativo, sacou as mellores galas con ese sombreiro de purpurina, a grabata a lunares, a maquillaxe na cara e ate cambiou os zapatos; e segue na porta mirándonos todos os días agora agarda ansioso polo que verá mañá: moitos pero moitos nenos e nenas, e profes, disfrazados! Chegou o día de festexar o entroido!!
Aproveito para comentar que están as albumes do entroido  e da familia (xa que faltaban nenos/as por presentar a familia) actualizados. Deixo os enlaces aquí debaixo.
Vémonos mañá!! Por certo, se vides ao desfile, que salirá ás 12:15 e vides ataviados con cámara, acéptanse fotos, tedes o meu correo na parte esquerda. Graciñas!!!
Entroido 2011
Casa e familia

No hay comentarios:

Publicar un comentario