jueves, 24 de marzo de 2011

TECNOLOXIZADOS

Por dicilo de algunha maneira, que o explique todo nunha palabra, aínda que creo que oficialmente non a poderemos atopar nun dicionario.
As casualidades da vida fixeron que todo contribuira a elo, nunca sabes o que te vas atopar en correos... e asi cheogou unha cámara dixital doada de manexar. O seguinte paso será descargar as fotos que os pingüinos fan. Dende logo están encantados e hai que poñer quendas.
Seguindo seguindo hoxe fomos á clase dos esquíos, aproveitando que estaban en psicomotricidade e andivemos coa pizarra dixital. Así por curiosidade hai algún e algunha que pode que vola pida para a casa.


Estivemos manexando o tux paint e tamén uns xogos de números e de de atopar as diferencias.

Xa vedes que proban un pouco de todo, tanto o manexo co dedo, co rotu....
E tamén seguimos traballando os alimentos, agora a próxima novidade será introducir úns cartiños (un pouco falsos) na caixa rexistradora, a ver como o levan o de pagar no super e no restaurante.
Comezamos xunto coa clase dos cangrexos a facer o mural da primavera ao que lle faltan moitos elementos que iremos engadindo para que todo colorido como marca a estación. Mirade que bolboretas tan coloridas.


3 comentarios:

  1. Esquencíaseme a visita 7.000 terá un premio especial: unha reportaxe fotográfica pingüina gratis! jaja. Gracias por seguirnos!!

    ResponderEliminar
  2. SI LARA XA ME DIXO ALGO DUNHA PIZARRA QUE SE ESCRIBIA CO LAPIZ E CO DEDO QUE A TIÑAMOS QUE COMPRAR JEJEJ.

    ResponderEliminar
  3. jaja, eu voulla pedir aos Reis Magos xa que son máxicos; aínda queda case un ano pero se resulta ben probade vos, iso si din que hai que insistir varios anos porque teñen lista de agarda. Boa fin de semana.

    ResponderEliminar