lunes, 4 de abril de 2011

E A TI... GÚSTACHE VIR AO COLE!

A estas alturas de curso xa se nota mooooito que xa non somos os pingüiniños que éramos en setembro e podemos facer cousiñas na clase máis complicadas e dialogar case case coma maiores; e como dí o título hoxe falamos de se nos gustaba vir ao cole, á maioría si pero xa se sabe nunca chove a gusto de todos nin todos os días igual, jeje.
Estos días estivemos facendo paxariños de máis de unha forma xa os veredes cando estén rematados. O proceso que se ve na foto é moi doado de facer, cortas tiras, facer círculos, pegalos e únelos por un extreño, un é a cabeza, a cal a podes decorar e outra a cola, que nós lle puxemos unha larga recortada a piquiños.
Tamén temos unha nova incorporación na asemblea unha pelota que resultou ser moi divertida, en lugar de sempre Silvia ir dando o turno de palabra para contar as nosas noticias, son os pingüinos os que deciden quen a conta, pásanlle a pelota e así de xeito que vaiamos todos e todas.
Seguimos a voltas cos alimentos, co noso super e restaurante e agora ata poñemos café ao rematar de comer.
E a que moitos xa sabedes a canción da primavera: "Hola hola primavera, hola hola como estás?"

No hay comentarios:

Publicar un comentario