martes, 26 de abril de 2011

A NÚMERO 100 Á VOLTA DAS VACACIÓNS

A número 100 porque xa levamos 100 noticias publicadas, o que dan uns meses de si!!!!
Hoxe chegamos ao cole moi emocionados e contando o que fixemos nas vacacións e claro tamén que viñeron ou fomos xunto os padriños e madriñas!!!! Que ricos ovos de pascua!
Pero levamos unha sorpresa ao chegar e é que estropeáronsenos os nosos manteis, había que poñer solución porque agora non nos presta merendar a pe de mesa (-_-) e xa nos puxemos a elaborar uns novos.
Estivemos traballando coa pasta de modelar e agora tócanos esperar a que seque, para poder pintar.
E como non xa abrimos un pouco a ventaniña dun proxecto do que en breve teredes noticias, pero que vai ser algo bastante novidoso, no que non solo se involucrarán os pingüinos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario