sábado, 23 de abril de 2011

O MARTES SOA O DESPERTADOR

Xa case rematan as vacacións e hai que deixar os últimos días para descansar un pouco (polo menos no meu caso), para xa vernos o Martes coas pilas cargadas. Como vos foi esta semana?
Hoxe é o día do libro, polo tanto os protagonistas na nosa aula son os libros pingüinos que teñen ao Pingüino Feliz, ao Pingüino Flaidet, ao pingüinos que vivían no Polo Norte pero lle gustou máis Arteixo para vivir e máis a nosa aula, ao pingüino Lolo, a Rodolfo o pingüino desconfiado, ao pequeno Polarcito e ao pingüino desobediente. Están xenial!!!!
Como acabo de comprobar que nalgúns ordenadores hai problemas para ver as fotos da presentación colgoa aquí tamén, mentras que non os dou solucionado! Xa que hai pouco insertei máis fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario