jueves, 28 de abril de 2011

PLASTITIFANDO E MAPEANDO

Plastificando, mapeando, decorando, pintando.... un variado de todo estamos facendo estos días. Xa están plastificados os nosos manteis novos e totalmente personalizados sen debuxos de pintar nin nada, pingüinos como creadores e editores.  E así tamén aprendemos a usar un pouco a plastificadora. Iso si pedimos tamén unha aos cangrexos para axilizar o traballo.
Estamos xa case rematando o regaliño do día de nai, un par de retoques e listo.
E para seguir co que di o título "mapeando",pois si porque que empezamos a traballar os medios de transporte e a verdade é que saben moitísimo, daquela para ampliar un pouquiño máis comezamos traballando sobre un mapa de España ( un pouco ao estilo infantil cos peixes polo mar, algún monumento nun lugar emblemático, etc, xa o veredes porque hoxe esquencéusenos sacarlle foto); así que algúns íbamos contando a onde fomos en que e mirábamos en que medio de transporte teríamos que chegar. E entre outras cousas deducimos que non podíamos chegar a Tenerife en bibicleta porque iríamos a pique.
Quedamos extrañados porque no mapa non se vían as carreteras e non atopábamos moi ben por onde irían os coches e como anécdota destacar que para poñer todas todas as carreteras díxenlles que necesitábamos un mapa grande e dixo unha nena "Tan grande como o Dolce Vita" jajaja, moi boa comparación. Pero si vimos os ríos.
O lúns todas as aulas de 3 anos imos facer unha merenda aproveitando as colleitas do noso invernadoiro, polo que non é necesario que traian merenda pero si que traian a auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario