viernes, 15 de abril de 2011

ÚNS DÍAS DE VACACIÓNS

 Chegaron as vacacións de Semana Santa, volveremos vernos o Martes 26  de Abril, aínda que con enerxía casi cargada que seguro que á volta estará a tope. 
    E mirade que mensaxe vos enviamos:                                    
Recibimos correo postal dos amiguiños do Rosal, neste caso unha carta cun libro no que aparecen os nenos, nenas e mestra: A cara é a súa foto e o corpo é debuxado por eles. Unha chulada!!!
Xa case case rematamos cos alimentos, fáltanos un experimento que deixamos para a volta das vacacións.
Hoxe estivemos traballando as flores e lembrando as que vimos o outro día, pero penso que preferimos nomes extraños a saber onde está o polén das flores, jeje.
E como traballamos tan axiña e tan ben aínda nos deu tempo a experimentar coas novas tecnoloxías, grabámosnos e vímonos no ordenador, tanto nos gustou que quixemos volver facelo pero agora tiña que saír a profe tamén.
Gracias pola colaboración na elaboracións dos contos pingüinos, moi orixinais. Agora que xa os lemos todos toca presentarllos ao resto dos compis do cole e ver os deles.
Descasade pouco e  pasadeo moi ben e para os papás e mamás o mesmo adaptado á idade de cada un
 (-_-).
                                                  

2 comentarios:

  1. Boas vacacións para ti tamen Silvia. Que o pases ben. Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas!!! Saúdos para todos dende o Sur, envíovos un pouquiño de bo tempo (polo momento)

    ResponderEliminar