jueves, 26 de mayo de 2011

AVISO PARA O MARTES

Que acontece na clase dos pingüinos? Que estamos cheos de letras... e ademáis son máxicas porque fan que a nosa lingua se mova, e tamén que xogue por medio dos dentes, un truquiño más para lembrarse de cal é cal e tamén para pronunciar mellor.
Pero tamén deixamos tempo para máis cousas, practicar un poquiño coa plasti, xogar co dominó,que a estas alturas xa é pan comido, e os que virón xogar algunha vez asociano ó de maiores e xa poñen as fichas de pé para ollar mellor.
E preparamos os nosos debuxiños para os amigos cos que intercambiamos correo.
E o aviso:
Se non tedes camiseta poden traer xersei, camisa... pode ter algún debuxo, non é imprescindible que sexa totalmente lisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario