lunes, 23 de mayo de 2011

HOXE TIVEMOS VISITA

Como para o curso que ven xa os pingüinos van ser de 4, xa case case os maiores de todos, tíñamos que dar exemplo aos que o ano que ven serán de 3!!! Así é que nos viñeron visitas os peques da Escola Infantil Municipal de Arteixo, aínda que nos pillaron merendando daquela non poidemos xogar con eles, máis ben deixamos os xoguetes, jeje; pero fíxonos moita ilusión a visita, e a algúns ver a antigas profes.
E seguimos dando voltas ás letras, e ao son "ssssssssssss", este en especial gústanos moito porque áxilmente o relacionamos coas serpes.
Deixovos un video que aínda máis que didáctico seguro que lles gusta polo visual; creo que despois do buscado imos ter que facer a nosa propia canción das letras con nós mesmos! Estaría ben porque a isto aínda non lle demos en todo o curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario