viernes, 27 de mayo de 2011

MÁIS COUSIÑAS

Hoxe xogamos ás adiviñas, pero sen texto, é dicir, a averiguar que é o que imitamos; era super complicado para os pingüinos imitar algo sen poder dicir nin chio, pero aínda rimos un pouquiño.
E ao final da mañá convertémonos en actores, posto que o Lipdub ten un cachiño que se inserta a parte e nós somos os protagonistas, os nenos/as riron un montón, porque será.
E para rematar a entrada posto que esta semana está chea de aniversarios coñecidos para min, remato felicitando ao CRA María Zambrano ( O Rosal) que mañá celebra o seu X aniversario, polo que alá imos, nunhas horas xa iremos chegando. Boa fin de semana para todos e todas! AH! Que os arteixáns tamén tedes a “Festa das flores”, pasádeo moi ben!!!
Un enlace a fotos sacadas por pingüinos:

Fotos sacadas polos nenos

No hay comentarios:

Publicar un comentario