jueves, 5 de mayo de 2011

UNHA PLANTACIÓN PARTICULAR

Dado que os pingüinos e tamén os cangrexos son nenos e nenas de reciclar, lembrades que no nadal fixemos unha árbores coas macetas? Pois as macetas reciclámolas para facer a nosa plantación de clase. Os que non plantaron onte plantarán mañá para que teñan a súa plantiña. Neste caso plantamos xirasois!!! A ver como nos saen e se saen claro.... Logo aproveitamos que facía no tempo e merendamos no patio.
E hoxe buscamos e situamos Arteixo claramente nun mapa, seguindo co que xa traballamos a semana pasada e buscamos as illas.
Tamén seguimos xogando coa educación vial, as cores, os pasos de peatóns, as sinais de tráfico... isto é un non parar!!


Plantación e merenda no patio

No hay comentarios:

Publicar un comentario