martes, 10 de mayo de 2011

XIRASOIS EN PROCESO DE NACEMENTO

Que facemos todas as mañás ao chegar?? Pois ir directamente ver as nosas plantiñas e xa á volta da fin de semana nos deron unha alegría do grandes que estaban, mirade:
O mellor de todo é que non quedou ningunha pequena, agás as últimas que plantamos; estos pingüinos plantan do mellorciño! Poida que vos toque transplantalas na casa cando medren un pouquiño máis e a recolecta tamén, a ver se lle facedes competencia a unha das grandes marcas de pipas, quen sabe! Nese caso acordádevos de min tamén ;-)
Seguimos cos medios de transporte e investigando sobre os medios de transporte que levan sirena.
Tamén estamos aprovietando para facer algo de manualidades (por iso hoxe nos pillou o toro e déronos as 14:10, jeje) que case non precisan nin axuda do mañosos que son.

2 comentarios:

  1. Silvia estate tranquila que as ganancias levamolas a medias.saudos.

    ResponderEliminar
  2. Gústame a idea!! jajajajaja!!Unha procentaxe moi razoable! Saúdos

    ResponderEliminar