jueves, 28 de julio de 2011

A PRODUCCIÓN DE XIRASOIS

Ola! Como van as vacacións? Parece que por fin empeza a sair o sol!!!!!!
Mirade que ven nos vai vir para a nosa plantación de xirasois, non sei como irán os vosos, pero mirade o meu, bueno meu, máis ben dinllo a miña avoa e mirade como está agora! Un deles é máis alto que eu!!!!
Se ao final hai producción repartirei os beneficios ou máis ben as pipas, porque só hai dúas flores e temos que agardar a que abran.


E por se quedes ganas de facer repostería, mirade o que fixeron cunha tortilla de pataca, non sería algún de vos? Saiu na Voz de Galicia, hai dous días.


Claro que tamén podedes obtar por outra receita fresca ao estilo pingüino:

Para coñecer o modo de preparación deixovos o enlace:
E por se ademais queredes darlle un pouco ás manualidades:

Están sacados de: "Mi primer libro de origami". Editorial Libsa, onde poderedes atopar múltiples manualidades de papiroflexia.
Seguide disfrutando do verán!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario